17 xuño 2021

ROTEIRO DE BAÑOS DE SAN XUSTO

ROTEIRO BAÑOS DE SAN XUSTO



O roteiro de Baños de San Xusto é un percorrido lineal de 2,6 kilómetros (distancia completa de ida e volta) que vai desde os Baños de San Xusto hasta A Ponte Nova e que destaca polo valor que teñen as súas augas mineromedicinais dende principios do século XX.









PERCORRIDO

O roteiro pode comezarse no nacemento das augas mineromedicinais dos baños de San Xusto para dirixirse río abaixo acompañado primeiro polo balneario reformado no 2021 e despois por un grupo de cinco muiños. Nese punto aparece o primeiro sinal do roteiro para comezar un pequeno ascenso. 
Sábese que o lugar chegou a facerse un xabón de sales e que tiña doce bañeiras nas que a xente bebía e trataba a pel coas augas sulfurosas.

Nada máis pasar o último muiño o roteiro toma unha subida que leva ao camiñante por una densa zona de bosque. A auga está presente en varios puntos do percorrido e xa chegando ao último tercio pódese desfrutar co descenso dun pequeno regato que baixa en cascada entre rocas facendo sentir a quen o contempla a forza vibrante dunha natureza que aquí mostra toda a súa enerxía.




Sen tregua para tomar un descanso da beleza do lugar asomámonos ao último punto do percorrido coa visita a A Ponte Nova, unha estrutura do século XVIII (1721-1730), feita en cantería e formada por un arco de medio punto que cruza sobre o Río Lérez. O seus 19,2 metros de ancho convírtena nunha das pontes con máis luz de Galicia.



Cando as forzas ou o espírito quede plenamente reconfortado polas vistas da ponte podemos retomar o camiño de volta aos Baños de San Xusto.

ELEMENTOS DE INTERESE:

Punto de partida
Muiños
Balneario Baños de San Xusto
Ponte Nova
Capela de San Xusto
Cruceiro
Carballeira de San Xusto
Mesas
Baños de San xusto

LONXITUDE E DURACIÓN:

  1. RUTA PRINCIPAL: 2,6 km, 40 minutos.

DIFICULTADE: 

O percorrido deste roteiro ten unha dificultade de entre moderada e intensa; non polos desnivéis (que os hai), nin pola distancia, senón pola orografía que atravesa, os camiños irregulares e as baixadas con humidade do bosque. Por iso se recomenda ir con bo calzado e roupa cómoda. O traxecto corto permite a calquera persoa cunha condición física normal facelo sen problemas sen deixar de tomar as precaucións oportunas.

EQUIPO ACONSELLADO: 

Calzado e roupa cómoda para camiñar.

CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

RECOMENDACIÓNS:

  1. Hidrátate antes de saír.
  2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
  3. Mentres camiñas, move os brazos.
  4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
  5. Apunte os dedos cara adiante.
  6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
  7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

SINALIZACIÓN DO ROTEIRO:



ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 

Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


Mostra de cachés escondidos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación destacada

ROTEIRO PARADA DE TENORIO

ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

Popular Posts