30 marzo 2021

ROTEIRO SAUDABLE POR CARBALLEDO

ROTEIRO SAUDABLE CARBALLEDO

O roteiro saludable de Carballedo é un percorrido circular de 6 km de lonxitude que conta cunha variante na zona da praia fluvial de Carballedo. A ruta transcurre principalmente por zonas moi fáciles de transitar para o camiñante. Nos tramos asfaltados o percorrido é moi seguro pois apenas transitan coches. A dificultade e baixa e con puco desnivel. Destacan os cruceiros, miradoiros, parques, igrexas, fontes e carballeiras, así como construccións tradicionais.















PERCORRIDO


O roteiro saudable de Carballedo comeza fronte á casa do Concello (icona verde) e vai cara ao norte pasando pola capela de San Roque na zona de O Berberote. Na encrucillada que se atopa a escasos cen metros débese tomar dirección ao lugar de Sión e despois de recorrelo continuar entre carballos e diferentes especies arbóreas para diríxese á estrada PO-232 no lugar de Paraños. De ahí debe tomarse un desvío á esquerda que levará por unha zona de leiras que conectan co pobo de Trabazo para facer o camiño das Cerdeiras que leva á igrexa de San Miguel.

Gravado de 1809

O percorrido levarános entón polo lugar de Pazos ata a estrada principal para terminar o recorrido pola beirarrúa ou, se se quere, facer a variante da praia fluvial de Carballedo onde se poden visitar varios muíños. 


Paso sobre o río Almofrei antes da praia fluvial de Carballedo

Praia fluvial de Carballedo


De alí ao final do percorrido quedan só a uns 200 metros.

Muiños en Carballedo

Muiño en Carballedo

ELEMENTOS DE INTERESE

Punto de partida e chegada
Capela de San Roque
Igrexa de San Miguel de Carballedo
Cruceiro
Mirador
Parque
Centro de saúde de Carballedo
Banco
Muiños

LONXITUDE E DURACIÓN:

  1. RUTA PRINCIPAL: 6 km, 1h 19 minutos.
  2. VARIANTE PRAIA FLUVIAL: 571m, 4 minutos.

DIFICULTADE: 

Debido a característica orografía da parroquia de Carballedo con escasos desnivéis a dificultade da ruta é baixa. As derivacións non aumentan a duración do roteiro polo que se pode dicir que é moi asequible.

EQUIPO ACONSELLADO: 

Calzado e roupa cómoda para camiñar.

CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

RECOMENDACIÓNS:

  1. Hidrátate antes de saír.
  2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
  3. Mentres camiñas, move os brazos.
  4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
  5. Apunte os dedos cara adiante.
  6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
  7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:


ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 

Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


BUSCA CACHÉS CERCA DE TI

Mostra de cachés escondidos.





    24 marzo 2021

    ROTEIRO SAUDABLE POR ALMOFREI

    ROTEIRO SAUDABLE ALMOFREI















    O roteiro saudable de Almofrei percorre a parroquia do mesmo nome con dúas derivacións, unha que vai dende o campo da festa ata Ponte Medieval e a outra que vai ata o lugar da Fonte da Pía. 
    A ruta é circular e ten unha lonxitude de 3,8 km. Ten a posibilidade de ampliar percorrido; unha derivación de 1,6 km e unha variante de 2 km. A variante de 2 km ten maior demanda física porque vai dende a ponte medieval ata a ponte nova por unha zona forestal.










    PERCORRIDO


    A ruta comeza na igrexa de Almofrei xunto á antiga casa da escola para continuar cara ao leste dirección campo novo da festa. Dende alí hai unha encrucillada á esquerda, aínda que antes se pode facer a derivación que vai a ponte medieval ou tamén se pode seguir a variante de 2 km que vai a Ponte Nova. Calquera dúvida queda resolta nas sinais.

    Lenda da variante longa do roteiro saudable de Almofrei


    Se non se quere facer nin derivación nin variante pode tomarse o desvío á esquerda por un camiño que vai entre muíños ata chegar ao cruce da parte alta do pobo de Almofrei para baixar despois por Os Agriños volvendo a pasar preto do comezo da ruta, pero coa intención de baixar pola Costa da Horta ata coller unha encrucillada polo interior da vila, alí seguese todo o interior do pobo ata que preto doutra derivación que leva á Fonte da Pía. Desde este último paso pódese retomar o camiño de volta ao punto de partida seguindo as marcas.



    ELEMENTOS DE INTERESE:

    Muiños
    Punto de partida e chegada
    Igrexa de Almofrei
    Variantes
    Fonte da Fontenova
    Ponte mediaval S.XVI
    Parque
     Aparcamento

    LONXITUDE E DURACIÓN:

    1. RUTA PRINCIPAL: 4 km, 52 minutos.
    2. DERIVACIÓN (IDA E VOLTA) DA PONTE MEDIEVAL: 700m, 6 minutos.
    3. VARIANTE DA PONTE MEDIEVAL A PONTE NOVA: 2 km, 26 minutos.
    4. VARIANTE CENTRO:169m, 1 minuto.
    5. DERIVACIÓN (IDA E VOLTA) FONTE DA PÍA: 860m, 8 minutos.

    DIFICULTADE: 

    Debido a característica orografía da parroquia de Almofrei con desnivéis importantes a dificultade da ruta principal é media. As derivacións e variantes aumentan o tempo a invertir na ruta polo que hai que ter en conta a hora de empezar a camiñar qué se quere facer. A recomendación é empezar pola ruta principal e pouco a pouco ir aumentando dificultade  axudándose das variantes e as derivacións.

    EQUIPO ACONSELLADO: 

    Calzado e roupa cómoda para camiñar.

    CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

    Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

    RECOMENDACIÓNS:

    1. Hidrátate antes de saír.
    2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
    3. Mentres camiñas, move os brazos.
    4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
    5. Apunte os dedos cara adiante.
    6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
    7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

    SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:


    ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 

    Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


    BUSCA CACHÉS CERCA DE TI

    Mostra de cachés escondidos.

    Publicación destacada

    ROTEIRO PARADA DE TENORIO

    ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

    Popular Posts