19 febreiro 2021

PLAN DE RUTAS SAUDABLES

 

TRABALLANDO NO PLAN DE RUTAS SAUDABLES

QUÉ É?

O plan de rutas saudables é unha ferramenta para xerar espazos nos que a práctica de actividade física regular se volve atractiva, accesible e segura para toda a poboación. 

Calquera persoa cunha condición física normal pode camiñar ou facer deporte recorrendo diferentes rutas marcadas nas que a motivación é un dos incentivos que promoven este tipo de rutas, xa sexa porque percorre espazos de recoñecido interese natural ou porque se visitan zonas de interese cultural, aquitectónico ou mesmo polo seu carácter social para os practicantes.


OBXECTIVO

O plan de rutas saudables ten como obxectivo proporcionar ao municipio rutas seguras e accesibles que promovan a práctica regular de actividade física para a saúde partindo, sempre que sexa posible, do que os cidadáns usan habitualmente.

Ademais, o plan integrará a equidade, intersectorialidade, participación e a coherencia necesarias.

O plan promoverase como unha proposta para que poboación recoñeza na actividade física un factor para gañar saúde posto que na actualidade, a actividade física é un dos principais factores implicados para mellorala. A evidencia científica indica que, practicada regularmente, ten múltiples beneficios en todas as persoas.

Os beneficios para a saúde son:

  • Reduce o risco de enfermidades cardiovasculares, diabetes tipo 2, hipertensión presión arterial, hipercolesterolemia, osteoporose e algúns tipos de cancro (mama, colon, etcétera).
  • Mellora a evolución de problemas de saúde frecuentes, como diabetes, hipertensión, dislipidemia ou obesidade.
  • Mellora do benestar emocional, reduce os síntomas de ansiedade e estrés.
  • Axuda a manterse áxil física e mentalmente.
  • Axuda a manter a calidade de vida.
  • Axuda a manter un peso adecuado.

Fonte: Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Actividade física para a saúde e a redución do sedentarismo. Recomendacións para a poboación. Estratexia de promoción da saúde e Prevención no SNS. Madrid, 2015.

O plan de rutas saudables vai asociado a múltiples beneficios e implica varios axentes e caracterízase por ser sinxela, económica e inclusiva.

Entre os moitos beneficios aos que pode contribuír o plan de rutas saudables, poderiamos destacar:

  • Xerar contornas urbanas e periurbanas máis atractivas que inviten aos cidadáns ás  a usalas con fins saudables.
  • Aumentar a camiñabilidade do municipio, o que pode contribuír á redución de transporte motorizado e con el, a pegada de carbono.
  • Promover a socialización das persoas e o fortalecemento do tecido social.
  • Incorporar o valor sanitario a rutas de especial relevancia cultural e histórica.
  • Fomentar a participación e coordinación dos diferentes axentes implicados na promoción da saúde e/ou promoción da actividade física para a saúde.
  • Reducir as desigualdades en saúde.

DESEÑO DAS RUTAS

Debe facerse a través dun percorrido que permita o cumprimento das recomendacións da actividade física para a saúde.

Na práctica tradúcese nunha distancia de aproximadamente 4.000-6.000 metros o que permite ofrecer circuítos nos que a poboación practica unha media de 45 minutos de exercicio.
 
Cando as rutas non cobren esa distancia, resolverase dobrando a ruta. Noutros casos dividirase o percorrido en tramos máis curtos que permitan cumprir coas recomendacións.

Os perfís das rutas están condicionados pola topografía mais estableceranse uns requisitos para que as rutas que se adapten a condición física de cada persoa a través de información das zonas de descanso e avituallamento.

Contará así mesmo con información axeitada para a ciudadanía. Iso inclúe dar a coñecer os beneficios da actividade física regular para que os practicantes aprendan a avaliar as recomendacións ao facer as rutas. Ferramentas sinxelas como a proba da fala poden axudar. A propia persoa pode recoñecer a intensidade coa que camiña a través do que s ecoñece como intensidade relativa.

Intensidade relativa

  1. Moi baixa: sen dificultade para falar
  2. Baixa: pódese falar dun xeito cómodo
  3. Moderada: pódese falar con certa dificultade
  4. Vigorosa/alta: fala limitada - frasescurtas
  5. Moi vigorosa/alta: moita dificultade para falar
Fonte: Webster e Aznar, 2008.

Camiñabilidade

A máis terase en conta os lugares que percorran as rutas buscando os destinos que satisfagan a maioría das actividades. Está condicionado por diferentes aspectos que hai que ter en conta no deseño e posterior avaliación da ruta:
  • Planificación: ofrecerán confort para o seu tránsito e accesibilidade a diferentes grupos de poboación para non xerar desigualdades no seu uso.
  • Seguridade: o deseño das rutas debe ofrecer seguridade aos peóns o que inclúe medidas para evitar os perigos asociados ao tráfico rodado.
  • Informativo: o uso das rutas debe ser favorecido por unha sinalización adecuada da ruta, así como a dispoñibilidade de información en diferentes soportes (papel e dixital).
  • Motivacional: ao planificar e equipar as rutas, teranse en conta os elementos que as fagan atractivas como lugares de interese (parques, museos, escolas, bibliotecas) ou elementos de confort para camiñar (pouco ruído, presenza de persoas, asentos, fontes de auga).

Equidade

A equidade en saúde implica dirixir as accións a toda a sociedade de xeito proporcional as súas necesidades para que se poidan ter en conta e todas as persoas alcanzan o seu máximo potencial de saúde, independentemente da súa posición social e outras diferenzas inxustas e evitables.

Participación

A nivel comunitario, a participación en si mesma xera saúde. É un elemento clave para acadar a equidade por iso se plantexa contar coa participación das persoas que coñecen o seu entorno para favorecer a elaboración proxecto.
Tamén se contará coa participación das comunidades e da sociedade organizada (asociacións
barrios, clubs deportivos, etc.); esencial para fortalecer a súa sustentabilidade.

CONCLUSIÓN

Como conclusión podemos dicir que a nosa sociedade necesita moverse para estar sa. O reto é identificalo e aplicar estratexias que faciliten o movemento das persoas. As rutas saudables son unha actividade divertida, interesante e valiosa para todos, que aumentará as posibilidades de mellorar a saúde física, psicolóxica e social da cidadanía.

Fagamos que toda a sociedade poida participar e gozar da actividade física.

Fonte: do texto da Guía de Rutas Saudables

18 febreiro 2021

CICHOTOS

 ENTROIDO


Este ano, atípico onde o haxa, non permite as tradicionais celebracións destas festas tan nosas. É por iso, que queremos comezar a edición deste blog, lembrado o Entroido nas terras de Cotobade, neste caso. 

Escollemos de entre todos os aspectos que compoñen estas datas: comida, disfraces, postres,... un artiluxio, un instrumento, pola singularidade que nos parece que ten.

E ninguén mellor para explicalo que Don Antonio Fraguas. Aquí  reproducimos o artigo da Serie Alicerces editada polo Museo do Pobo Galego e patrocinada pola Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental  en 1994


"CICHOTOS

Denomínase cichoto ou cichote a xiringa feita cunha cana. Para construíla córtase entre dous nos e pola parte superior  a eles, para que así quede por un lado pechado e polo outro aberto. A parte pechada fúrase coidadosamente cunha punta, deixandoa a modo de coador  para que poida entrar e sair un líquido. O émbolo faise cun anaco de carballo, aplicándolle no seu extremo un pouco de estopa, de maneira que quede axustado ó oco da cana , permitindo sen dificultade o desprazamento no interior, para que poida encherse de auga a vontade.

O cichoto utilizano os pícaros e aínda os rapazotes. A festa tiña lufar o domingo de sesaxésima, á saída da misa, e soamente ese día e durante o tempo que pasan polos camiños  próximos á igrexa as mozas da parroquia. Unha vez que pasaron as mozas, é frecuente que continúe entre os rapaces unha verdadeira batalla de xiringazos e molladelas, que dura tanto como duren os cichotos.

Para levar a cabo a misión de mollar á xente, sitúanse nos lugares máis estratéxicos, que naturalmente, teñen auga, como pozos e presas, ou onde a levaron en caldeiros, como o campanario da igrexa.

A parroquia que conservou durante mais tempo o costume dos chichotos e onde se facía con maior entusiasmo era na de Loureiro, acaso pola circunstancia de pasar próximo á igrexa un copioso caudal de auga, que permitía o pesado xogo, do que non sempre saían ben parados, pois máis dunha vez recibían os bos tiróns de orellas e algunha que outra malleira familiar; pero nada sentian tanto como perder o chichoto. A ameaza para que non descargase o ballón era: Se che vou aí, métoche o cichoto debaixo dos pés, que cho rompo. Por veces era unha ameaza un pouo máis subida de ton, que puña no mesmo plano cichoto e propietario."


Esta reproducción foi realizada por Carlos Romero Capa de Borela

cichoto

cichoto





  Animamosvos a comentar se vos gustou a entrada, e se intentades reproducir un cichoto 

17 febreiro 2021

Presentación

                                                                                                                       Neste blog daremos a coñecer aquelas riquezas do patrimonio, material e inmaterial,  de Cerdedo- Cotobade.


Publicación destacada

ROTEIRO PARADA DE TENORIO

ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

Popular Posts