ROTEIRO SAUDABLE DE BORELA
![]() |
Reitoral de San Martiño de Borela |
O roteiro saudable de Borela é un percorrido circular de 6 kilómetros que destaca polas diferentes construccións de interese arquitectónico que se poden atopar, como son a igrexa e a reitoral de San Martiño. No seu trazado tamén é común ver cruceiros, unha ponte medieval, lavadoiros, abundantes fontes ou a unha capela (Capela de Lourdes). Conta ademáis cunha derivación que leva ao camiñante ata a zona de A Graña.
PERCORRIDO
O roteiro saudable de Borela comeza na praza fronte á subida á igrexa de San Martiño, lugar onde se pode aparcar antes de comezar a camiñar. Superada esta primeira costa xa non haberá máis desnivéis importantes.
![]() |
Reitoral de San Martiño de Borela |
![]() |
Detalle da zona do adro da igrexa de San Martiño de Borela |
Cando cheguemos á estrada principal do pobo (EP-0407) teremos dúas opcións: facer a derivación de dous kilómetros (ida e volta) que vai ao lugar de A Graña onde se poden ver un lavadoiro e un cruceiro ou seguir o trazado circular principal. A derivación que vai dirección A Graña ten os sinais marcados pola esquerda e á volta habería que facela tamén pola esquerda. (Os sinais de derivación de ida e volta podedes velos nesta entrada máis abaixo).
![]() |
Iconografía relixiosa no lavadoiro de A Graña |
O camiño segue sen embargo polo lugar de A Senra para ir entre as súas casas en dirección á Capela e Lourdes e a ponte medieval. Recomendamos seguir o lado esquerdo do trazado en todo momento. Desde a ponte medieval volveremos pola estrada hasta o punto de partida.
![]() |
Capela de Lourdes |
![]() |
Acceso á ponte medieval de Borela |
ELEMENTOS DE INTERESE:













LONXITUDE E DURACIÓN:
- RUTA PRINCIPAL: 4 km, 1 hora
- DERIVACIÓN Á GRAÑA (IDA E VOLTA): 2,2 km, 30 minutos.
DIFICULTADE:
O percorrido deste roteiro saudable ten unha dificultade baixa, só hai que destacar a primeria subida a igrexa como o único punto de dificultade. Son apenas 200 metros que se fan agradables ao chegar á parte alta. O resto do roteiro conta con escasos desnivéis polo que se pode dicir que é moi asequible e cumpre coas condicións dos roteiros saudables.
EQUIPO ACONSELLADO:
Calzado e roupa cómoda para camiñar.
CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS:
Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.
RECOMENDACIÓNS:
- Hidrátate antes de saír.
- Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
- Mentres camiñas, move os brazos.
- Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
- Apunte os dedos cara adiante.
- Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
- Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.
SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:
Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.
Mostra de cachés escondidos. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario