29 setembro 2021

ROTEIRO PARADA DE TENORIO

ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO



O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas forestais próximas ao val do Lérez podendo visitar diferentes manifestacións de arte prehistórico de interese como son os petróglifos.



Tamén se recoñece a existencia dun castro na mesma zona e, por suposto, non faltarán as fontes de pedra e os muiños.













PERCORRIDO


O roteiro comeza no parque infantil de Parada de Tenorio e diríxese cara o campo da festa para pasar a continuación por angostas estradas do centro do pobo que nos levarán a meternos de cheo na natureza preto do castro do Coto das Rodelas. Xa no camiño un desvío polo monte levaranos polo val do Lérez onde antigamente había outro importante lugar para os baños de augas mineromedicinais tan comúns na zona de Cotobade. Din os veciños que estas tiñan aínda máis cualidades medicinais.



A continuación percorreremos o monte seguindo o leve descenso que nos levará ata prácticamente o curso do río Lérez moi preto do muiño da Chan do río. O roteiro recupera a partir deste punto os metros de desnivel perdidos anteriormente ata alcanzar o sinal do muiño da Casa do pescador pouco antes de xirar a esquerda para para dirixirse ao pobo. 

Neste último tramo aínda quedarán dúas agradables sorpresas. A primeira é a Fonte da Pedra do lagarto e a última os son grabados de arte rupestre que aparecen a un lado do camiño.

O roteiro segue xa entre as casas uns escasos 300 metros para terminar no punto de partida. 

ELEMENTOS DE INTERESE:

Punto de partida e chegada
Muiño Chan do río
Muiño casa do pescador
Gravados rupestres
Muiño
Fonte Pedra do Lagarto
Castro Coto das Rodelas
Cruz
Fonte
Campo da festa
Parque infantil

LONXITUDE E DURACIÓN:

  1. RUTA PRINCIPAL: 4.3 km, 1 hora.

DIFICULTADE: 

O percorrido deste roteiro ten unha dificultade baixa, se ben habería que destacar que percorre algúns camiños de monte con terreno non sempre regular aínda que sen moita dificultade. Ademáis hai un tramo curto de certo desnivel que tampouco complica a súa dificultade.

EQUIPO ACONSELLADO: 

Calzado e roupa cómoda para camiñar.

CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

RECOMENDACIÓNS:

  1. Hidrátate antes de saír.
  2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
  3. Mentres camiñas, move os brazos.
  4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
  5. Apunte os dedos cara adiante.
  6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
  7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:







ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 


Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


Mostra de cachés escondidos.









    Ningún comentario:

    Publicar un comentario

    Publicación destacada

    ROTEIRO PARADA DE TENORIO

    ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

    Popular Posts