Amosando publicacións coa etiqueta roteiro saudable almofrei. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta roteiro saudable almofrei. Amosar todas as publicacións

24 marzo 2021

ROTEIRO SAUDABLE POR ALMOFREI

ROTEIRO SAUDABLE ALMOFREI















O roteiro saudable de Almofrei percorre a parroquia do mesmo nome con dúas derivacións, unha que vai dende o campo da festa ata Ponte Medieval e a outra que vai ata o lugar da Fonte da Pía. 
A ruta é circular e ten unha lonxitude de 3,8 km. Ten a posibilidade de ampliar percorrido; unha derivación de 1,6 km e unha variante de 2 km. A variante de 2 km ten maior demanda física porque vai dende a ponte medieval ata a ponte nova por unha zona forestal.










PERCORRIDO


A ruta comeza na igrexa de Almofrei xunto á antiga casa da escola para continuar cara ao leste dirección campo novo da festa. Dende alí hai unha encrucillada á esquerda, aínda que antes se pode facer a derivación que vai a ponte medieval ou tamén se pode seguir a variante de 2 km que vai a Ponte Nova. Calquera dúvida queda resolta nas sinais.

Lenda da variante longa do roteiro saudable de Almofrei


Se non se quere facer nin derivación nin variante pode tomarse o desvío á esquerda por un camiño que vai entre muíños ata chegar ao cruce da parte alta do pobo de Almofrei para baixar despois por Os Agriños volvendo a pasar preto do comezo da ruta, pero coa intención de baixar pola Costa da Horta ata coller unha encrucillada polo interior da vila, alí seguese todo o interior do pobo ata que preto doutra derivación que leva á Fonte da Pía. Desde este último paso pódese retomar o camiño de volta ao punto de partida seguindo as marcas.



ELEMENTOS DE INTERESE:

Muiños
Punto de partida e chegada
Igrexa de Almofrei
Variantes
Fonte da Fontenova
Ponte mediaval S.XVI
Parque
 Aparcamento

LONXITUDE E DURACIÓN:

  1. RUTA PRINCIPAL: 4 km, 52 minutos.
  2. DERIVACIÓN (IDA E VOLTA) DA PONTE MEDIEVAL: 700m, 6 minutos.
  3. VARIANTE DA PONTE MEDIEVAL A PONTE NOVA: 2 km, 26 minutos.
  4. VARIANTE CENTRO:169m, 1 minuto.
  5. DERIVACIÓN (IDA E VOLTA) FONTE DA PÍA: 860m, 8 minutos.

DIFICULTADE: 

Debido a característica orografía da parroquia de Almofrei con desnivéis importantes a dificultade da ruta principal é media. As derivacións e variantes aumentan o tempo a invertir na ruta polo que hai que ter en conta a hora de empezar a camiñar qué se quere facer. A recomendación é empezar pola ruta principal e pouco a pouco ir aumentando dificultade  axudándose das variantes e as derivacións.

EQUIPO ACONSELLADO: 

Calzado e roupa cómoda para camiñar.

CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

RECOMENDACIÓNS:

  1. Hidrátate antes de saír.
  2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
  3. Mentres camiñas, move os brazos.
  4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
  5. Apunte os dedos cara adiante.
  6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
  7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:


ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 

Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


BUSCA CACHÉS CERCA DE TI

Mostra de cachés escondidos.

Publicación destacada

ROTEIRO PARADA DE TENORIO

ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

Popular Posts