30 abril 2021

ROTEIRO SAUDABLE POR VILANOVA

ROTEIRO SAUDABLE VILANOVA

O roteiro saudable de Vilanova é un percorrido circular de 3 kilómetros con dúas derivacións, unha de 2 kilómetros que vai dende o campo da festa ata a cruce da PO-233 e outra de apenas 200 metros que se desvía da vía principal para dirixirse a unha mámoa facendo un total de 5,2 kilómetros.












PERCORRIDO

Este roteiro saudable comeza na casa dos veciños Vilanova sita no centro do pobo (icona verde). Diríxese cara ao sur entre as casas facendo un percorrido que levará ao camiñante a pasar por case todo o pobo onde descubrirá un entramado de camiños e corredoiras que farán moi amena a camiñada.


Poderán descansar nas mesas situadas sobre o lugar de O Pedragal disfrutando, iso si, das vistas do val do río Almofrei ou parar a beber nas fontes que hai cada pouco tempo.




Unha vez feito todo o percorrido interior o camiñante volve casi ao principio da ruta pero pode facer a derivación que comeza no extremo do campo da festa de Vilanova e que remata no cruce da PO-233 ainda que nese tramo tamén é posible desviarse 200 metros para acercarse a unha mámoa cuberta. Se non se realiza o desvío a ruta continúa o seu curso pasando por detrás do campo da festa para voltar ao punto de partida.




ELEMENTOS DE INTERESE:

Punto de partida e chegada
Cruceiro
Parque
Peto de ánimas
Fonte
Mesas
Mámoa

LONXITUDE E DURACIÓN:

  1. RUTA PRINCIPAL: 3 km, 44 minutos.
  2. DERIVACIÓN (IDA E VOLTA) CRUCE PO-233: 1,9 km, 20 minutos.
  3. DERIVACIÓN (IDA E VOLTA) MÁMOA: 180m, 3 minutos.

DIFICULTADE: 

Debido a característica orografía da parroquia de Vilanova con escasos desnivéis a dificultade da ruta é baixa. Ter en conta unha pequena subida de 30 metros na parte central da ruta. A derivación aumenta a duración do roteiro, pero non significa un gran cambio polo que se pode dicir que é moi asequible e cumpre coas condicións dos roteiros saudables.

EQUIPO ACONSELLADO: 

Calzado e roupa cómoda para camiñar.

CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

RECOMENDACIÓNS:

  1. Hidrátate antes de saír.
  2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
  3. Mentres camiñas, move os brazos.
  4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
  5. Apunte os dedos cara adiante.
  6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
  7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:




ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 

Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


BUSCA CACHÉS CERCA DE TI

Mostra de cachés escondidos.




    29 abril 2021

    ROTEIRO SAUDABLE VALONGO

    ROTEIRO SAUDABLE VALONGO



    O roteiro saudable de Valongo é un percorrido circular de 6 kilómetros que transita as parroquias de Valongo e Aguasantas podendo visitar diferentes construccións de interese arquitectónico como a igrexa de Santo André de Valongo, a Ermida de San Xosé ou os abundantes cruceiros e petos desta zona do concello de Cerdedo-Cotobade.










    PERCORRIDO


    O roteiro saudable de Valongo comeza xunto á igrexa de Santo André, lugar onde se pode aparcar antes de comezar a camiñar cara o norte ata a primeira encrucillada onde debemos xirar á dereita para dirixirnos ao lugar de A Raña dando unha volta que nos permitirá ter unha visión completa do pobo. 

    Vistas de A Raña

    A continuación baixamos ata a estrada P0-235 para cruzala e continuar polos lugares de Peroselo, Martín e A Coutada antes de cruzar o río Calvelle.

    Tramo río Calvelle

    Camiños interiores de Valongo


    Xa de volta pasaremos pola Ermida de San Xosé para dirixirnos de novo ao punto de partida. Este é un tramo compartido co Roteiro saudable de Aguasantas que tamén se pode continuar dende a igrexa de Santo André de Valongo en dirección este. Ter en conta que a distancia pode aumentar se decidimos seguir este roteiro.


    ELEMENTOS DE INTERESE:

    Punto  de partida e chegada
    Igrexa de Santo André
    Peto
    Ermida de San Xosé
    Cruceiro
    Muiño

    LONXITUDE E DURACIÓN:

    1. RUTA PRINCIPAL: 7 km, 1h 20 minutos.

    DIFICULTADE: 

    O percorrido deste roteiro saudable ten unha dificultade baixa, se ben habería que indicar que no tramo intermedio hai unha pequena subida antes de dirixirse á Ermida de San Xosé nunca será moito problema. O resto do roteiro conta con escasos desnivéis polo que se pode dicir que é moi asequible e cumpre coas condicións dos roteiros saudables. 

    EQUIPO ACONSELLADO: 

    Calzado e roupa cómoda para camiñar.

    CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

    Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

    RECOMENDACIÓNS:

    1. Hidrátate antes de saír.
    2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
    3. Mentres camiñas, move os brazos.
    4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
    5. Apunte os dedos cara adiante.
    6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
    7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

    SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:


    ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 


    Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


    Mostra de cachés escondidos.









      16 abril 2021

      ROTEIRO SAUDABLE POR AGUASANTAS

      Igrexa da Santa María de Aguasantas.


      O roteiro saudable de Aguasantas é un percorrido circular de 6 kilómetros que transita as parroquias de Aguasantas e Valongo podendo visitar diferentes construccións de interese arquitectónico como a igrexa de Santa María de Aguasantas, a igrexa de Santo André de Valongo, a Ermida de San Xosé ou os abundantes cruceiros e petos desta zona do concello de Cerdedo-Cotobade. Conta ademáis con dúas derivacións que levan ao camiñante ata a zona de O Trebello e ao mirador da Portela.










      PERCORRIDO


      Este roteiro saudable comeza na alameda de Aguasantas para dirixirse á igrexa da Santa María, santuario do século XVIII dedicado a eloxiar as propiedades da auga. Na terra onde naceu o gran mestre canteiro, José Cerviño García, autor entre outras moitas obras do fantástico Cruceiro de Hío, eríxese un gran templo no lugar onde emanan augas con supostas propiedades milagreiras.

      Fonte na igrexa de Aguasantas



      Chegada á igrexa de Aguasantas polo roteiro saudable

      Deixando atrás o pobo de Aguasantas o percorrido continúa por unha tranquila estrada forestal que pasa pola Ermida de San Xosé antes de pasar pola igrexa de Santo André de Valongo.



      Pasada a igrexa é posible ver dous petos de ánimas, pero tamén se pode parar no parque biosaludable da casa do pobo de Valongo para complementar unha xornada de exercicio que se presenta moi completa.

      Parque biosaudable de Valongo

      O roteiro continúa cun cómodo ascenso ata chegar á unha encrucillada onde, quen o desexe, poderá tomar a derivación que leva ao lugar de O Trebello para ver o seu fermoso cuceiro. Desde alí tamén se pode continuar a ruta ata a ponte de San Lorenzo, pero esta visita xa non entra no percorrido do roteiro saudable.

      Cruceiro de O Trebello
      Cruceiro de O Trebello

      Ponte de San Lorenzo

      Despois de percorrer apenas un quilómetro que leva ao cruceiro de O Trebello, o camiñante debe voltar sobre os seus pasos para retomar a ruta en dirección ao miradoiro da Portela onde poderá desfrutar das fermosas vistas do val do río Verdugo antes de dar por finalizado roteiro saudable.

      Vista panorámica do val do río Verdugo

      ELEMENTOS DE INTERESE:

      Punto  de partida e chegada
      Cruceiro
      Aparcamento
      Parque
      Peto de ánimas

      LONXITUDE E DURACIÓN:

      1. RUTA PRINCIPAL: 5 km, 1 hora.
      2. DERIVACIÓN O TREBELLO (IDA E VOLTA): 1300m, 20 minutos.
      3. DERIVACIÓN MIRADOR DA PORTELA: 300m, 3 

      DIFICULTADE: 

      O percorrido deste roteiro saudable ten unha dificultade baixa, se ben habería que indicar que os metros iniciáis do mesmo teñen un pouco de desnivel mais nunca será moito problema. O que si hai que ter en conta é que se se decide tomar a derivación que vai ó Trebello pode que a dificultade aumente a media. O resto do roteiro conta con escasos desnivéis polo que se pode dicir que é moi asequible e cumpre coas condicións dos roteiros saudables. 

      EQUIPO ACONSELLADO: 

      Calzado e roupa cómoda para camiñar.

      CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

      Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

      RECOMENDACIÓNS:

      1. Hidrátate antes de saír.
      2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
      3. Mentres camiñas, move os brazos.
      4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
      5. Apunte os dedos cara adiante.
      6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
      7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

      SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:


      ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 

      Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


      BUSCA CACHÉS CERCA DE TI

      Mostra de cachés escondidos.









        Publicación destacada

        ROTEIRO PARADA DE TENORIO

        ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

        Popular Posts