18 febreiro 2021

CICHOTOS

 ENTROIDO


Este ano, atípico onde o haxa, non permite as tradicionais celebracións destas festas tan nosas. É por iso, que queremos comezar a edición deste blog, lembrado o Entroido nas terras de Cotobade, neste caso. 

Escollemos de entre todos os aspectos que compoñen estas datas: comida, disfraces, postres,... un artiluxio, un instrumento, pola singularidade que nos parece que ten.

E ninguén mellor para explicalo que Don Antonio Fraguas. Aquí  reproducimos o artigo da Serie Alicerces editada polo Museo do Pobo Galego e patrocinada pola Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental  en 1994


"CICHOTOS

Denomínase cichoto ou cichote a xiringa feita cunha cana. Para construíla córtase entre dous nos e pola parte superior  a eles, para que así quede por un lado pechado e polo outro aberto. A parte pechada fúrase coidadosamente cunha punta, deixandoa a modo de coador  para que poida entrar e sair un líquido. O émbolo faise cun anaco de carballo, aplicándolle no seu extremo un pouco de estopa, de maneira que quede axustado ó oco da cana , permitindo sen dificultade o desprazamento no interior, para que poida encherse de auga a vontade.

O cichoto utilizano os pícaros e aínda os rapazotes. A festa tiña lufar o domingo de sesaxésima, á saída da misa, e soamente ese día e durante o tempo que pasan polos camiños  próximos á igrexa as mozas da parroquia. Unha vez que pasaron as mozas, é frecuente que continúe entre os rapaces unha verdadeira batalla de xiringazos e molladelas, que dura tanto como duren os cichotos.

Para levar a cabo a misión de mollar á xente, sitúanse nos lugares máis estratéxicos, que naturalmente, teñen auga, como pozos e presas, ou onde a levaron en caldeiros, como o campanario da igrexa.

A parroquia que conservou durante mais tempo o costume dos chichotos e onde se facía con maior entusiasmo era na de Loureiro, acaso pola circunstancia de pasar próximo á igrexa un copioso caudal de auga, que permitía o pesado xogo, do que non sempre saían ben parados, pois máis dunha vez recibían os bos tiróns de orellas e algunha que outra malleira familiar; pero nada sentian tanto como perder o chichoto. A ameaza para que non descargase o ballón era: Se che vou aí, métoche o cichoto debaixo dos pés, que cho rompo. Por veces era unha ameaza un pouo máis subida de ton, que puña no mesmo plano cichoto e propietario."


Esta reproducción foi realizada por Carlos Romero Capa de Borela

cichoto

cichoto





  Animamosvos a comentar se vos gustou a entrada, e se intentades reproducir un cichoto 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación destacada

ROTEIRO PARADA DE TENORIO

ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

Popular Posts