04 xuño 2021

ROTEIRO SAUDABLE DE TENORIO

ROTEIRO SAUDABLE TENORIO

Mosteiro de Tenorio

O roteiro saudable de Tenorio é un percorrido circular de 6 kilómetros que une a parte máis urbana do pobo co entorno natural dos arredores. Conta con tres variantes: a variante longa de 6 kilómetros, a variante corta de 4,2 kilómetros e a variante circular da zona do colexio público, instituto e instalcións deportivas cunha distancia de 1,2kilómetros. No trazado pódese ver a igrexa e o mosteiro de San Pedro de Tenorio, un área de descanso na parte mási alta do percorrido que conta cunha fermosa sequoia, un tramo por plena natureza preto do río Tenorio cos característicos pasos para salvar o cauce da auga e ademáis das vistas sobre o val do Lérez, fontes e cruceiros.









PERCORRIDO


O roteiro saudable de Tenorio comeza xunto ao convento de San Pedro de Tenorio, lugar onde se pode aparcar antes de comezar a camiñar por unha pequena costa que nos levará ata a zona alta de Tenorio. Alí o camiñante pode elexir entre facer a variante corta ou a variante longa que leva por zonas de monte e unha área de descanso. 



Sequoia da área de descanso.

O roteiro continúa seguindo o caudal de Río Tenorio e quen o desexe poderá tomar a derivación que leva a un pasosobre o mesmo. Na zona máis baixa da zona de Río Tenorio tamén s epode ver unha fermosa ponte de arco de medio punto. Aínda que esta visita xa non entraría no percorrido do roteiro saudable é de apreciar ir a coñecela.



Despois de percorrer apenas un quilómetro o roteiro pasa a ponte peatonal da N-541 para dar unha volta pola zona do colexio e instituto. A continuación vólvese a cruzar a ponte peatonal para retomar o camiño que nos levará de novo ao Mosteiro de San Pedro para acabar a ruta.


ELEMENTOS DE INTERESE:

Punto de partida
Fonte da Bichoa
Aparcamento
Área de descanso
Cruceiro
Convento de San Pedro de Tenorio
Fonte
Petroglifos
Cruceiro
Lavadoiro
Ponte

LONXITUDE E DURACIÓN:

  1. RUTA PRINCIPAL: 4,2 km, 1 hora.
  2. VARIANTE LONGA: 2,2 km 30 minutos.

DIFICULTADE: 

O percorrido deste roteiro saudable ten unha dificultade baixa, se ben habería que indicar que os metros iniciáis do mesmo teñen un pouco de desnivel de subida mais nunca será moito problema. O que si hai que ter en conta é que se se decide tomar a derivación vai pola zona de monte pode que a dificultade aumente a media. O resto do roteiro conta con escasos desnivéis polo que se pode dicir que é moi asequible e cumpre coas condicións dos roteiros saudables.

EQUIPO ACONSELLADO: 

Calzado e roupa cómoda para camiñar.

CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

RECOMENDACIÓNS:

  1. Hidrátate antes de saír.
  2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
  3. Mentres camiñas, move os brazos.
  4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
  5. Apunte os dedos cara adiante.
  6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
  7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:


ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 


Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


Mostra de cachés escondidos.









    Ningún comentario:

    Publicar un comentario

    Publicación destacada

    ROTEIRO PARADA DE TENORIO

    ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

    Popular Posts