29 abril 2021

ROTEIRO SAUDABLE VALONGO

ROTEIRO SAUDABLE VALONGO



O roteiro saudable de Valongo é un percorrido circular de 6 kilómetros que transita as parroquias de Valongo e Aguasantas podendo visitar diferentes construccións de interese arquitectónico como a igrexa de Santo André de Valongo, a Ermida de San Xosé ou os abundantes cruceiros e petos desta zona do concello de Cerdedo-Cotobade.










PERCORRIDO


O roteiro saudable de Valongo comeza xunto á igrexa de Santo André, lugar onde se pode aparcar antes de comezar a camiñar cara o norte ata a primeira encrucillada onde debemos xirar á dereita para dirixirnos ao lugar de A Raña dando unha volta que nos permitirá ter unha visión completa do pobo. 

Vistas de A Raña

A continuación baixamos ata a estrada P0-235 para cruzala e continuar polos lugares de Peroselo, Martín e A Coutada antes de cruzar o río Calvelle.

Tramo río Calvelle

Camiños interiores de Valongo


Xa de volta pasaremos pola Ermida de San Xosé para dirixirnos de novo ao punto de partida. Este é un tramo compartido co Roteiro saudable de Aguasantas que tamén se pode continuar dende a igrexa de Santo André de Valongo en dirección este. Ter en conta que a distancia pode aumentar se decidimos seguir este roteiro.


ELEMENTOS DE INTERESE:

Punto  de partida e chegada
Igrexa de Santo André
Peto
Ermida de San Xosé
Cruceiro
Muiño

LONXITUDE E DURACIÓN:

  1. RUTA PRINCIPAL: 7 km, 1h 20 minutos.

DIFICULTADE: 

O percorrido deste roteiro saudable ten unha dificultade baixa, se ben habería que indicar que no tramo intermedio hai unha pequena subida antes de dirixirse á Ermida de San Xosé nunca será moito problema. O resto do roteiro conta con escasos desnivéis polo que se pode dicir que é moi asequible e cumpre coas condicións dos roteiros saudables. 

EQUIPO ACONSELLADO: 

Calzado e roupa cómoda para camiñar.

CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

RECOMENDACIÓNS:

  1. Hidrátate antes de saír.
  2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
  3. Mentres camiñas, move os brazos.
  4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
  5. Apunte os dedos cara adiante.
  6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
  7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:


ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 


Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


Mostra de cachés escondidos.









    Ningún comentario:

    Publicar un comentario

    Publicación destacada

    ROTEIRO PARADA DE TENORIO

    ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

    Popular Posts