ROTEIRO SAUDABLE ALMOFREI
O roteiro saudable de Almofrei percorre a parroquia do mesmo nome con dúas derivacións, unha que vai dende o campo da festa ata Ponte Medieval e a outra que vai ata o lugar da Fonte da Pía.
A ruta é circular e ten unha lonxitude de 3,8 km. Ten a posibilidade de ampliar percorrido; unha derivación de 1,6 km e unha variante de 2 km. A variante de 2 km ten maior demanda física porque vai dende a ponte medieval ata a ponte nova por unha zona forestal.
PERCORRIDO
A ruta comeza na igrexa de Almofrei xunto á antiga casa da escola para continuar cara ao leste dirección campo novo da festa. Dende alí hai unha encrucillada á esquerda, aínda que antes se pode facer a derivación que vai a ponte medieval ou tamén se pode seguir a variante de 2 km que vai a Ponte Nova. Calquera dúvida queda resolta nas sinais.
Lenda da variante longa do roteiro saudable de Almofrei |
Se non se quere facer nin derivación nin variante pode tomarse o desvío á esquerda por un camiño que vai entre muíños ata chegar ao cruce da parte alta do pobo de Almofrei para baixar despois por Os Agriños volvendo a pasar preto do comezo da ruta, pero coa intención de baixar pola Costa da Horta ata coller unha encrucillada polo interior da vila, alí seguese todo o interior do pobo ata que preto doutra derivación que leva á Fonte da Pía. Desde este último paso pódese retomar o camiño de volta ao punto de partida seguindo as marcas.
ELEMENTOS DE INTERESE:
LONXITUDE E DURACIÓN:
- RUTA PRINCIPAL: 4 km, 52 minutos.
- DERIVACIÓN (IDA E VOLTA) DA PONTE MEDIEVAL: 700m, 6 minutos.
- VARIANTE DA PONTE MEDIEVAL A PONTE NOVA: 2 km, 26 minutos.
- VARIANTE CENTRO:169m, 1 minuto.
- DERIVACIÓN (IDA E VOLTA) FONTE DA PÍA: 860m, 8 minutos.
DIFICULTADE:
Debido a característica orografía da parroquia de Almofrei con desnivéis importantes a dificultade da ruta principal é media. As derivacións e variantes aumentan o tempo a invertir na ruta polo que hai que ter en conta a hora de empezar a camiñar qué se quere facer. A recomendación é empezar pola ruta principal e pouco a pouco ir aumentando dificultade axudándose das variantes e as derivacións.
EQUIPO ACONSELLADO:
Calzado e roupa cómoda para camiñar.
CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS:
Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.
RECOMENDACIÓNS:
- Hidrátate antes de saír.
- Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
- Mentres camiñas, move os brazos.
- Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
- Apunte os dedos cara adiante.
- Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
- Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.
SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:
Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.
Ningún comentario:
Publicar un comentario