![]() |
Igrexa da Santa María de Aguasantas. |
O roteiro saudable de Aguasantas é un percorrido circular de 6 kilómetros que transita as parroquias de Aguasantas e Valongo podendo visitar diferentes construccións de interese arquitectónico como a igrexa de Santa María de Aguasantas, a igrexa de Santo André de Valongo, a Ermida de San Xosé ou os abundantes cruceiros e petos desta zona do concello de Cerdedo-Cotobade. Conta ademáis con dúas derivacións que levan ao camiñante ata a zona de O Trebello e ao mirador da Portela.
PERCORRIDO
Este roteiro saudable comeza na alameda de Aguasantas para dirixirse á igrexa da Santa María, santuario do século XVIII dedicado a eloxiar as propiedades da auga. Na terra onde naceu o gran mestre canteiro, José Cerviño García, autor entre outras moitas obras do fantástico Cruceiro de Hío, eríxese un gran templo no lugar onde emanan augas con supostas propiedades milagreiras.
![]() |
Fonte na igrexa de Aguasantas |
![]() |
Chegada á igrexa de Aguasantas polo roteiro saudable |
Deixando atrás o pobo de Aguasantas o percorrido continúa por unha tranquila estrada forestal que pasa pola Ermida de San Xosé antes de pasar pola igrexa de Santo André de Valongo.
Pasada a igrexa é posible ver dous petos de ánimas, pero tamén se pode parar no parque biosaludable da casa do pobo de Valongo para complementar unha xornada de exercicio que se presenta moi completa.
O roteiro continúa cun cómodo ascenso ata chegar á unha encrucillada onde, quen o desexe, poderá tomar a derivación que leva ao lugar de O Trebello para ver o seu fermoso cuceiro. Desde alí tamén se pode continuar a ruta ata a ponte de San Lorenzo, pero esta visita xa non entra no percorrido do roteiro saudable.
Despois de percorrer apenas un quilómetro que leva ao cruceiro de O Trebello, o camiñante debe voltar sobre os seus pasos para retomar a ruta en dirección ao miradoiro da Portela onde poderá desfrutar das fermosas vistas do val do río Verdugo antes de dar por finalizado roteiro saudable.
![]() |
Cruceiro de O Trebello |
![]() |
Vista panorámica do val do río Verdugo |
ELEMENTOS DE INTERESE:





LONXITUDE E DURACIÓN:
- RUTA PRINCIPAL: 5 km, 1 hora.
- DERIVACIÓN O TREBELLO (IDA E VOLTA): 1300m, 20 minutos.
- DERIVACIÓN MIRADOR DA PORTELA: 300m, 3
DIFICULTADE:
O percorrido deste roteiro saudable ten unha dificultade baixa, se ben habería que indicar que os metros iniciáis do mesmo teñen un pouco de desnivel mais nunca será moito problema. O que si hai que ter en conta é que se se decide tomar a derivación que vai ó Trebello pode que a dificultade aumente a media. O resto do roteiro conta con escasos desnivéis polo que se pode dicir que é moi asequible e cumpre coas condicións dos roteiros saudables.
EQUIPO ACONSELLADO:
Calzado e roupa cómoda para camiñar.
CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS:
Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.
RECOMENDACIÓNS:
- Hidrátate antes de saír.
- Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
- Mentres camiñas, move os brazos.
- Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
- Apunte os dedos cara adiante.
- Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
- Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.
Ningún comentario:
Publicar un comentario