30 abril 2021

ROTEIRO SAUDABLE POR VILANOVA

ROTEIRO SAUDABLE VILANOVA

O roteiro saudable de Vilanova é un percorrido circular de 3 kilómetros con dúas derivacións, unha de 2 kilómetros que vai dende o campo da festa ata a cruce da PO-233 e outra de apenas 200 metros que se desvía da vía principal para dirixirse a unha mámoa facendo un total de 5,2 kilómetros.












PERCORRIDO

Este roteiro saudable comeza na casa dos veciños Vilanova sita no centro do pobo (icona verde). Diríxese cara ao sur entre as casas facendo un percorrido que levará ao camiñante a pasar por case todo o pobo onde descubrirá un entramado de camiños e corredoiras que farán moi amena a camiñada.


Poderán descansar nas mesas situadas sobre o lugar de O Pedragal disfrutando, iso si, das vistas do val do río Almofrei ou parar a beber nas fontes que hai cada pouco tempo.




Unha vez feito todo o percorrido interior o camiñante volve casi ao principio da ruta pero pode facer a derivación que comeza no extremo do campo da festa de Vilanova e que remata no cruce da PO-233 ainda que nese tramo tamén é posible desviarse 200 metros para acercarse a unha mámoa cuberta. Se non se realiza o desvío a ruta continúa o seu curso pasando por detrás do campo da festa para voltar ao punto de partida.




ELEMENTOS DE INTERESE:

Punto de partida e chegada
Cruceiro
Parque
Peto de ánimas
Fonte
Mesas
Mámoa

LONXITUDE E DURACIÓN:

  1. RUTA PRINCIPAL: 3 km, 44 minutos.
  2. DERIVACIÓN (IDA E VOLTA) CRUCE PO-233: 1,9 km, 20 minutos.
  3. DERIVACIÓN (IDA E VOLTA) MÁMOA: 180m, 3 minutos.

DIFICULTADE: 

Debido a característica orografía da parroquia de Vilanova con escasos desnivéis a dificultade da ruta é baixa. Ter en conta unha pequena subida de 30 metros na parte central da ruta. A derivación aumenta a duración do roteiro, pero non significa un gran cambio polo que se pode dicir que é moi asequible e cumpre coas condicións dos roteiros saudables.

EQUIPO ACONSELLADO: 

Calzado e roupa cómoda para camiñar.

CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

RECOMENDACIÓNS:

  1. Hidrátate antes de saír.
  2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
  3. Mentres camiñas, move os brazos.
  4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
  5. Apunte os dedos cara adiante.
  6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
  7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:




ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 

Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


BUSCA CACHÉS CERCA DE TI

Mostra de cachés escondidos.




    Ningún comentario:

    Publicar un comentario

    Publicación destacada

    ROTEIRO PARADA DE TENORIO

    ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

    Popular Posts