21 maio 2021

ROTEIRO SAUDABLE DE QUIREZA

ROTEIRO SAUDABLE DE QUIREZA


O roteiro saudable de Quireza é un percorrido circular de 7 kilómetros situado entre os lugares de Fondós, Cuiña e Vilarchán no concello de Cerdedo-Cotobade. Percorre os montes de Quireza en pleno contacto coa natureza ofrecendo a cada paso vistas sobre o val do río Lérez, carballeiras, pinares e un pequeno bosque de acivro que invitan ao camiñante a desfrutar do entorno mentres fai exercicio.











PERCORRIDO

Carballeira de Fondós

O roteiro saudable de Quireza comeza xunto á Carballeira de Fondós no lugar de Fondós. Toma dirección norte deixando a visita á carballeira para a volta.


Nada máis saír comeza un camiño moi transitble no que apenas hai dúbidas sobre a dirección a seguir. En escasos metros estaremos mergullados en plena natureza e o común para a vista serán os carballos, os pinos e os regueiros que aparecen cada pouco. Xa non moi lonxe comeza unha moderada subida que pouco a pouco fará que entremos en calor.


A medio camiño haberá superar unha subida duns 50 metros que terminará por facernos quecer completamente e a partir de ahí xa so queda disfrutar das vistas sobre o val do Lerez. Segue unha baixada pronunciada que no fará tomar precaucións antes de pasar polo Regueiro de Ponte Faroxo.





O caminño de volta pasa por Cuiña e Mamoalba a partir de onde voltaremos á natureza tupida do bosque entre pinares. Tamén poderá verse un pequeno bosque de acivro antes de tomar dirección á Carballeira de Fondós para terminar o Roteiro Saudable de Quireza cun merecido descanso á sombra dos carballos.

ELEMENTOS DE INTERESE:

Punto de partida e chegada
Cruceiro
Mirador
Fonte
Carballeira

LONXITUDE E DURACIÓN:

  1. RUTA PRINCIPAL: 7 km, 1 hora e 30 minutos.

DIFICULTADE: 

O percorrido deste roteiro saudable ten unha dificultade de moderada a intensa, se ben habería que indicar que os metros iniciáis do mesmo teñen pouco desnivel e os metros finais non confiren gran dificultade. Será en dous tramos concretos da ruta onde as pedras do camiño e o desnivel fagan que se categorice como tal. A ter en conta é o tramo (sinalado en vermello no mapa) cun descenso pronunciado e pedra solta e un regueiro de paso estreito como a maior dificultade do terreo. O resto do roteiro conta con escasos desnivéis.

EQUIPO ACONSELLADO: 

Calzado e roupa cómoda para camiñar.

CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

RECOMENDACIÓNS:

  1. Hidrátate antes de saír.
  2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
  3. Mentres camiñas, move os brazos.
  4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
  5. Apunte os dedos cara adiante.
  6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
  7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:


ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 


Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


Mostra de cachés escondidos.








    Ningún comentario:

    Publicar un comentario

    Publicación destacada

    ROTEIRO PARADA DE TENORIO

    ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

    Popular Posts