ROTEIRO SAUDABLE FAMELGA
O roteiro saudable de Famelga é un percorrido circular de 5 kilómetros que transita por Famelga, Aguasantas e Valongo, e no que o camiñante poderá desfrutar do seu entorno rural e forestal. Así mesmo a ruta ofrece outros lugares de interese como a Carballeira de Famelga, o Pazo de Campodanta, a Casa Grande de Famelga e o Castro de Famelga entre outras construccións de valor arquitectónico.
 |
Carballeira de Famelga
|
PERCORRIDO
O roteiro saudable de Famelga comeza preto da Carballeira de Famelga para dirixirse a Tradonabal, onde se pode contemplar o Pazo de Campodanta, despois descende hasta Á Coutada para pasar por Martín xa na parroquia de Aguasantas. Este tramo hasta a estrada PO-235 compártese co
Roteiro saudable de Valongo, so que en dirección contraria. É moi fácil de ver porque os sinais aparecen a un e outro lado da estrada. Os que temos que seguir son os da esquerda.
 |
Pazo de Campodanta |
 |
Fonte da Moa |
Despois de cruzar a estrada PO-235 o roteiro vira cara o norte en dirección a Chielas onde se pode tomar un descanso antes da subida nunha pequena carballeira con mesas para despois terminar de dar a volta completa por unha zona forestal que nos levará de novo a Famelga.
O roteiro termina na Carballeira de Famelga. Hai a posibilidade, para quen o desexe, de acercarse ao Castro de Famelga para completar a camiñada cunha visita arquelóxica.
ELEMENTOS DE INTERESE:
Fonte da Carballeira de Famelga
LONXITUDE E DURACIÓN:
- RUTA PRINCIPAL: 5 km, 1 hora e 10 minutos.
DIFICULTADE:
O percorrido deste roteiro saudable ten unha dificultade baixa, se ben habería que indicar que os metros iniciais do mesmo teñen un desnivel negativo a ter en conta. Ao mesmo tempo a parte media ten unha subida e a parte final volve a ter un descenso. O resto do roteiro conta con escasos desnivéis polo que se pode dicir que é moi asequible e cumpre coas condicións dos roteiros saudables.
EQUIPO ACONSELLADO:
Calzado e roupa cómoda para camiñar.
CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS:
Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.
RECOMENDACIÓNS:
- Hidrátate antes de saír.
- Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
- Mentres camiñas, move os brazos.
- Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
- Apunte os dedos cara adiante.
- Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
- Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.
SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:
Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.
 |
Mostra de cachés escondidos. |