28 maio 2021

ROTEIRO SAUDABLE FAMELGA

ROTEIRO SAUDABLE FAMELGA



O roteiro saudable de Famelga é un percorrido circular de 5 kilómetros que transita por Famelga, Aguasantas e Valongo, e no que o camiñante poderá desfrutar do seu entorno rural e forestal. Así mesmo a ruta ofrece outros lugares de interese como a Carballeira de Famelga, o Pazo de Campodanta, a Casa Grande de Famelga e o Castro de Famelga entre outras construccións de valor arquitectónico.















Carballeira de Famelga


PERCORRIDO


O roteiro saudable de Famelga comeza preto da Carballeira de Famelga para dirixirse a Tradonabal,  onde se pode contemplar o Pazo de Campodanta, despois descende hasta Á Coutada para pasar por Martín xa na parroquia de Aguasantas. Este tramo hasta a estrada PO-235 compártese co Roteiro saudable de Valongo, so que en dirección contraria. É moi fácil de ver porque os sinais aparecen a un e outro lado da estrada. Os que temos que seguir son os da esquerda.

Pazo de Campodanta


Fonte da Moa

Despois de cruzar a estrada PO-235 o roteiro vira cara o norte en dirección a Chielas onde se pode tomar un descanso antes da subida nunha pequena carballeira con mesas para despois terminar de dar a volta completa por unha zona forestal que nos levará de novo a Famelga.
O roteiro termina na Carballeira de Famelga. Hai a posibilidade, para quen o desexe, de acercarse ao Castro de Famelga para completar a camiñada cunha visita arquelóxica.

ELEMENTOS DE INTERESE:

Punto de partida
Punto de chegada
Lavadoiro dos Meixóns
Fonte da Moa
Fonte da Carballeira de Famelga
Carballeira de Famelga
Castro de Famelga
Pazo de Campodanta
Casa grande de Famelga
Cruceiro
Peto 
Parque
Mesas

LONXITUDE E DURACIÓN:

  1. RUTA PRINCIPAL: 5 km, 1 hora e 10 minutos.

DIFICULTADE: 

O percorrido deste roteiro saudable ten unha dificultade baixa, se ben habería que indicar que os metros iniciais do mesmo teñen un desnivel negativo a ter en conta. Ao mesmo tempo a parte media ten unha subida e a parte final volve a ter un descenso. O resto do roteiro conta con escasos desnivéis polo que se pode dicir que é moi asequible e cumpre coas condicións dos roteiros saudables.

EQUIPO ACONSELLADO: 

Calzado e roupa cómoda para camiñar.

CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

RECOMENDACIÓNS:

  1. Hidrátate antes de saír.
  2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
  3. Mentres camiñas, move os brazos.
  4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
  5. Apunte os dedos cara adiante.
  6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
  7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:


ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 


Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


Mostra de cachés escondidos.









    Ningún comentario:

    Publicar un comentario

    Publicación destacada

    ROTEIRO PARADA DE TENORIO

    ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

    Popular Posts