08 abril 2021

ROTEIRO SAUDABLE POR CERDEDO

ROTEIRO SAUDABLE CERDEDO



O roteiro saudable de Cerdedo é un percorrido circular de 5 kilómetros e medio, que parte da Praza do Concello en Cerdedo cara o oeste en primeiro termo para dirixirse cara o norte antes de sair da zona urbana. Percorre frondosos bosques do val do río Lérez, continuando por unha cómoda pendente que levará ao camiñante a gozar da tranquilidade que presta a natureza do lugar.










PERCORRIDO


O roteiro saudable de Cerdedo comeza no centro do pobo (icona verde). Diríxese cara ao norte entre as casas para pasar próxima á Eira da Pena, un conxunto etnográfico que consta de unha media ducia de canastros rehabilitados. 
Eira da Pena

Fonte da Pena


A continuación o roteiro segue un cómodo percorrido por un camiño entre carballos e pinos que conforman o val do Lérez.

Sendeiro Val do Lérez



Continuando cara o leste, sempre por zona de monte, a camiñada faise cada vez máis cómoda e agradable ata chegar ao punto máis alto xusto na metade da ruta. Dende alí comezará un constante descenso que se ve interrompido soamente ao pasar a fábrica de colchóns onde faremos un último esforzo para descender definitivamente ata o centro de Cerdedo onde desfrutaremos das rúas empedradas ata chegar ao punto de partida.

Fonte do camiño real a Ourense

ELEMENTOS DE INTERESE:

Aparcamento
Fontes
 Eira da Pena

Punto de partida e chegada


LONXITUDE E DURACIÓN:

  1. RUTA PRINCIPAL: 5,5 km, 1 hora.

DIFICULTADE: 

Os escasos desnivéis do roteiro significan unha dificultade baixa na primeira media parte da ruta. Hai que ter en conta un  pequeno tramo de subida e baixada despois da fábrica de colchóns. Non hai derivacións nin variantes.

EQUIPO ACONSELLADO:

Calzado e roupa cómoda para camiñar.

CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS: 

Ter previsión das condicións cambiantes do clima de Galicia.

RECOMENDACIÓNS:

  1. Hidrátate antes de saír.
  2. Camiña lentamente durante uns cinco minutos para quentar e despois aumenta a velocidade durante uns 15 minutos.
  3. Mentres camiñas, move os brazos.
  4. Camiña coas costas rectas, o abdome plano e a cabeza erguida.
  5. Apunte os dedos cara adiante.
  6. Camiña cun longo paso cómodo e sen esforzo.
  7. Remata a camiñada cun enfriamento de cinco minutos e algúns estiramentos suaves.

SINALIZACIÓN DOS ROTEIROS:

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: 

Hai outra maneira de desfrutar dos roteiros saudables: descubrir tesouros escondidos nas rutas polas que camiñas. En moitos lugares da nosa contorna hai pequenas sorpresas agochadas para o desfrute de todos. A actividade chámase Geocaching e invitamos a todos a descubrila como parte da actividade física regular que propoñemos cos roteiros saudables. Achegamos un vídeo que explica en qué consiste e a continuación un mapa que mostra onde eses tesouros se esconden.


BUSCA CACHÉS CERCA DE TI

Mostra de cachés escondidos.






    Ningún comentario:

    Publicar un comentario

    Publicación destacada

    ROTEIRO PARADA DE TENORIO

    ROTEIRO DE PARADA DE TENORIO O roteiro de Parada de Tenorio é un percorrido circular de 4,3 kilómetros que percorre parte do pobo e zonas fo...

    Popular Posts